1-MIRÓN,POLICLETO,FIDIAS
1-
a-Mirón (En grego ?????; traballou h. 480-440 a. C.) foi un gran escultor e broncista de mediados do século V a. C.[1] e un dos máis coñecidos autores da arte grega, cuxas achegas escultóricas supuxeron a transición ao periodo clásico. Nacido en Eleuteras, cidade situada na fronteira de Beocia e o Ática. Segundo a Historia Natural de Plinio, Agéladas de Argos foi o seu mestre.[2] O viaxeiro Pausanias destacou esculturas de Mirón que permanecían in situ no século II. Quionis, un vencedor olímpico do século VII de Esparta era conmemorado a través dun bronce idealizado obra de Mirón[3] Traballou fundamentalmente co bronce:[4] e aínda que fixo algunhas estatuas de deuses e heroes, a súa fama descansa principalmente nas súas representacións de atletas, nos que fixo unha revolución, segundo os comentadores da Antigüidade, ao introducir unha maior audacia en póusea e un ritmo máis perfecto, subordinando as partes ao todo. A observación de Plinio de que as obras de Mirón eran numerosior que as de Policleto e «máis diligentes»[5] parece suxerir que eran consideradas de proporcións (numeri) máis armoniosas e ao mesmo tempo máis convincentes no seu realismo: diligentia denotaba «gran atención aos puntos delicados», unha calidade que, con moderación, era característica das mellores obras de arte, segundo os críticos da Antigüidade.[6] O seu gran mérito consistiu en saber captar como ninguén o movemento. As súas obras máis famosas caracterízanse pola representación fidedigna das tensións do corpo humano en movemento, como se aprecia no seu coñecido Discóbolo, e o realismo nas súas esculturas de homes e animais.
b-Policleto de Argos ( século V a.C.)(en grego antigo Modelo:Grego antigo / Polýkleitos) foi un dos máximos escultores gregos do período clásico, contemporáneo de Fidias e Mirón.
Foi autor dun tratado, coñecido como Canon, no cal teorizou sobre as proporcións e as relacións numéricas ideais do corpo humano.
O tratado perdeuse así como as súas obras esculpidas, mais a súa teoría e as realizacións artísticas sonnos coñecidas a través das copias romanas das súas estatuas, que testemuñan aínda a fama e a fortuna que tiveran entre os antigos.
Entre as estatuas de bronce executadas por Policleto as máis famosas son o Diadúmenos (circa 430 a.C.), a Amazona ferida (circa 435 a.C.), a estatua crisoelefantina de Hera (circa 420 a.C.), e sobretodo o Doríforo (circa 450 a.C.).Nesta obra e claramente apreciábel o canon que inventou, en canto a altura da cabeza do suxeito é 1/7 da altura total do corpo.
O seu discípulo máis famoso foi Lisipo.
c- Fidias, en grego antigo ??????? / Pheidias (Atenas, cara a 480 a. C. ? Olimpia, h. 430 a. C.), foi o máis famoso dos escultores da Antiga Grecia, pintor e arquitecto, pertencente ao primeiro clasicismo grego. Fidias deseñou as estatuas da deusa Atenea na Acrópolis de Atenas (Atenea Partenos dentro do Partenón e Atenea Promacos) e a colosal estatua sentada de Zeus en Olimpia. As obras atenienses foron aparentemente encargo de Pericles en 447 a. C. Pericles usou o diñeiro da Liga de Delos para pagar a Fidias a súa obra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario