miércoles, 20 de mayo de 2009
republica romana
A República romana foi un estado da antigüidade (509 a. C. – 27 a. C.) que englobaba a cidade de Roma e os seus territorios. Contaba un sistema de goberno democrático rexido e perpetuado pola aristocracia. Durante esta etapa da súa historia, Roma experimentou un extraordinario crecemento territorial, cultural e económico. No século V a. C. consolidou o seu poder no centro de Italia e nos séculos IV e III a. C. impúxose como potencia dominante da península Itálica sometendo aos demais pobos da rexión e enfrontándose ás cidades gregas do sur. Na segunda metade do século III a. C. proxectou o seu poder fóra de Italia, o que a levou a unha serie de enfrontamentos coas outras grandes potencias do Mediterráneo, nos que derrotou a Cartago e Macedonia, anexionándose os seus territorios. Nos anos seguintes, sendo xa a maior potencia do Mediterráneo, expandió o seu poder sobre as polis gregas; o reino de Pérgamo foi incorporado á República e no século I a. C. conquistou as costas de Oriente Próximo, entón en poder do Imperio Seléucida e piratas. Durante o periodo que abarca o final do século II a. C. e o século I a. C., Roma experimentou grandes cambios políticos, provocados por unha crise consecuencia dun sistema afeito a dirixir só aos romanos e non adecuado para controlar un gran imperio. Neste tempo intensificouse a competencia polas magistraturas entre a aristocracia romana, creando irreconciliables fracturas políticas que sacudirían á República con tres grandes guerras civís; estas guerras terminarían destruíndo a República, e desembocando nunha nova etapa da historia de Roma: o Imperio Romano.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario